Author: Angel Luis Aragón

 

Visita do profesor Bahram Javidi

Este luns 18 de xullo o programa OSA Traveling Lecture permítenos contar co profesor Bahram Javidi, quen dará unha charla titulada “Advances in Three Dimensional Sensing, Visualization, and Display”.javidi1

Bahram Javidi licenciouse en Enxeñería Eléctrica na Universidade George Washington e doctorouse, tamén en Enxeñería Eléctrica, na Universidade de Pennsylvania. Actualmente é Catedrático Distinguido da Xunta Directiva na universidade de Connecticut (USA), o cal é o maior honor otorgado aos seus membros. É ademáis membro de sete sociedades científicas profesionais, tanto a nivel nacional como internacional: SPIE, OSA, IEEE, AIMBE, IoP, IS&T e IEE.

O Dr. Javidi recibiu unha enorme cantidade de premios polo seu traballo, no cal se inclúen unhas 610 publicacións, 110 discursos en conferencias e 19 patentes. No ano 2003 foi seleccionado como un dos mellores 160 enxeñeiros de EEUU con idade entre 30 e 45 anos pola Academia Nacional de Enxeñería (NAE)

Máis información: http://www.ee.uconn.edu/javidib/

 

 

© 2018: USC-OSA | KABBO Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress