Obradoiro sobre contaminación lumínica

Dende o grupo USC-OSA gustaríanos invitarvos a asistir o vindeiro mércores día 11 de Novembro ao obradoiro sobre contaminación lumínica impartido polo Colectivo en Transición Calidade do Ceo Nocturno.

A actividade constará dunha pequena charla introductoria sobre aspectos xerais da contaminación lumínica, que se impartirá a partir das 20.00h na Aula Magna Gómez-Reino da Facultade de Óptica e Optometría. A continuación, e se as condicións meteorolóxicas o permiten, realizarase unha saída polo entorno do campus para observar o ceo. A duración total da actividade estará entorno a unhas 2 horas e rematarase cun café-coloquio.

O noso grupo de estudantes e mailo grupo de Calidade do Ceo agardámosvos e lembrámosvos a importancia de vires ben abrigados de cara a saída polo campus para a observación do ceo 😉

Imagen_X

 

One Comment to Obradoiro sobre contaminación lumínica

  1. […] co grupo USC-OSA organizamos unha nova actividade na USC para sensibilizar sobre as causas e consecuencias da […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

© 2018: USC-OSA | KABBO Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress