Obradoiro de Fotografía

O próximo xoves 21 de Maio, o membro do grupo USC-OSA Student Chapter, Ángel Sánchez García, continuará co seu curso de introdución á fotografía. Nesta ocasión, cun obradoiro práctico que terá lugar a partir das 19:00h e que se iniciará na  Alameda de Santiago de Compostela.

Co obxectivo de realizar fotografías baixo distintas condicións lumínicas, capturar imaxes en movemento ou  ver distintos efectos na fotografía nocturna, a actividade proposta pretende amosar de modo sinxelo as bases prácticas do maravilloso mundo da fotografía.

 

tallerfotografia

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

© 2018: USC-OSA | KABBO Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress